Benvid@s a tod@s a este blog no que a nosa tarefa será a de informar aos raparigos e raparigas dunha maneira divertida e didáctica para levar unha vida saudable a través de hábitos alimenticios, prácticas deportivas e outros métodos para acadala.
Chámome Xián, pero tamén se me coñece como Puyi, estudo na Universidade de Vigo un Grao de Educación Primaria. O que quero acadar coa materia de "Novas tecnoloxías" é descubrir novas e diversas maneiras para poder utilizar as TIC no ámbito escolar xa que o mundo cada vez é máis tecnolóxico e sería importante usar esta ferramenta para que o alumnado poida familiarizarse dende moi cativ@s coas TIC.
Xa nos volveremos ver dentro de moi pouco e con moita nova información.
Un saudiño a tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario