Boas noites mozos e mozas.
Esta será unha das miñas últimas entradas deste blog, xa que esta materia está a piques de rematar. Nesta entrada darei a miña valoración crítica sobre certos puntos desta materia para que vexades cal é o meu punto de vista.
Opinión da proposta do Proxecto de Prácticas da materia: Nós escollimos a PDI (Pizarra Dixital Interactiva), dende o meu punto de vista, é unha ferramenta moi útil e cun gran potencial que a día de hoxe os/as docentes inda non están moi familiarizados con ela, cousa que debería cambiarse xa que podes ensinar de múltiples maneiras, ademais de ser divertido e que os nenos e nenas fagan os exercicios de maneira interactiva. Tamén aprenderán sobre as TIC, que a día de hoxe é algo importante que se debe saber manexar porque vivimos na Era Dixital. Os/as docentes deberían aprender sobre o manexo e as utilidades da PDI para poder explotalas nun aula de Primaria.
Valoración da organización da parte práctica da materia: Referíndonos a parte práctica, nunca realizara ningún blog polo que non tiña coñecemento ningún sobre como realizalo, pero mediante a investigación e a axuda por parte dos compañeiros/as e a profesora fomos aprendendo como se facían as cousas a medida que pasaba o tempo. Non só destacar a blogger como ferramenta senón que tamén destacaremos educaplay, as páxinas nas que realizamos as actividades, google sites... Esta foi unha experiencia que podo aprender dela e no futuro poder aplicala tanto nun aula de Primaria, ou fora dela.
Valoración do traballo realizado polo grupo: Este traballo foi máis ameno co resto dos traballos doutras materias xa que este foi máis práctico e máis divertido, o cal puidemos aprender de maneira práctica os usos dalgunhas ferramentas TIC para un futuro uso nas nosas aulas, a elaboración deste traballo foi divertido grazas aos compañeiros e integrantes do grupo "Loschanclas".
Valoración da exposición oral: A exposición oral estivo ben organizada cos puntos ben claros, houbo algún que outro pequeno erro na exposición pero non son moi importantes. A exposición cumpriu o tempo que se nos permitiu utilizar, as persoas que expuñan ían entusiasmadas e con ganas de que os compañeiros e compañeiras atenderán e puideran aprender tanto do noso proxecto como do tema que tratamos.
Espero que vos divertirades lendo a miña opinión sobre o traballo que levamos realizando durante estes últimos 4 meses, e espero vervos moi pronto a todos e todas por aquí.
Un saudiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario