jueves, 9 de mayo de 2019

Valoración dos grupos

Boas noitiñas.

Para rematar coa miña última entrada, farei unha última valoración dos grupos que expuxeron.
Recalcar que todo o mundo realizouno moi ben, tamén houbo temas moi interesantes que trataron e que se poden incluír nunha aula de Primaria, a pesar de ser a primeira vez que se realiza este tipo de traballo, notouse o traballo que todo o mundo lle adicou e grazas a isto agora poderán elaborar con maior facilidade e maior rapidez actividades e outro tipo de tarefas para poder incluír nos aulas. Tamén dicir que aínda que non todos traballamos o mesmo proxecto puidemos observar como o realizaron os nosos outros compañeiros e compañeiras para que nun futuro non solo saibamos utilizar unha ferramenta senón varias. Espero que todos estean satisfeitos cos traballos realizados e espero que lles vaia ben tanto no exame como na nota do traballo.

Espero que os apoiedes a eles tamén, que levaron o mesmo traballo coma nos para estar sempre aí e ensinarvos.

Ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario